viernes, 20 de junio de 2014

A pirataría

Nesta nova entrada falarei de dous artigos publicados en Internet que tratan o tema da pirataría, dos seus proles e as súas contras e do xeito de satisfacer aos autores e aos que non tes os recursos necesarios para pagar tanto por un libro, CD ou DVD (aquí déixovos os enlaces):
No primeiro dos artigos Gómez Jurado fálanos, dende o seu punto de vista de autor de libros, dos beneficios (para a poboación) e perdidas (para os autores) que supoñen as descargas ilegais. Este autor fala dende un primeiro momento da Lei Sinde, esta lei afecta á propiedade intelectual xa que castiga a toda aquela persoa que mediante Internet ou outro calquera medio altere o beneficio que tería que adquirir un autor pola súa obra, noutras palabras castiga a todas as persoas que poñan a disposición pública archivos para descargar sen permiso do propio autor.

Gómez Jurado oponse a que o goberno mediante a imposición de novas leis, poida recortar as fontes de coñecemento da poboación e, aínda que non é totalmente partidario da pirataría porque é un autor e vive do que vende, anima a xente a que se para poder gozar dos libros, películas ou música ten que cometer un delito (se tomamos como medida correctora a Lei Sinde) o faga, porque ninguén debería poder obrigarnos a gastar máis diñeiro do que temos en cousas que noutros sitios (Internet) están moito máis baratas ou mesmo son gratis.

No segundo artigo séguese un pouco a liña do primeiro xa que o autor tamén empeza falando das restricións que nos podemos encontrar hoxe en día á hora de descargar un libro, unha canción ou unha película. O autor deste artigo cre que pode existir unha sociedade onde as descargar sexan factibles tanto para os autores das obras coma para os consumidores que llas descargan. Expón que poden existir, e en realidade xa existen, novas formas de mercado onde, como xa dixen, exista un equilibrio entre autores e consumidores. Exemplifica isto con aplicacións como iTunes, eBay,KindleNetflix ("que gaña máis aboamentos que toda a televisión por cable en EUA" por un módico prezo) e outras moitas que ofrecen á xente a posibilidade de comprar, escoitar música, ver películas, etc sen incorrer en ningún tipo de delito. É con estas aplicacións cando se establece unha nova forma de mercado.

Por ultimo o autor defende a idea de crear novas licencias máis flexibles, e tamén a de deixar de cobrar polas copias e de crear ingresos máis alá das ventas é dicir, que os autores tamén pensen nos demais e que sexan xustos á hora de deixar extender as súas obras mediante descargas dende Internet. 


Para rematar a miña opinión:

      Eu penso que en realidade cando descargamos, por exemplo unha canción, non lle estamos a facer dano ningún ó seu autor xa que se a nós nos gusta ensinarémosllela a un amigo, e este a outro e así sucesivamente ata facer que esa canción estea moi estendida, o que provoca que o autor sexa máis coñecido. Toda esta cadea seguramente ao final xere moitos ingresos ao autor. Por isto penso que non se debería prohibir a descarga libre e gratuíta de arquivos dende Internet.

Liña temporal do Balonmán Cangas

martes, 10 de junio de 2014

Screencast do Fringe Festival de Edinburgo

Este é o proxecto que realizamos dous compañeiros e máis eu mediante o programa online Screener. Consiste en grabar a pantalla mediante este programa mentres podes falar explicando o que estás a ver. Mediante isto é fácil dar un explicación de algún traballo que realicemos no noso ordenador.     

No noso caso o que fixemos foi facer un screencast do mapa sobre o Fringe Festival de Edinburgo (publicado anteriormente neste mesmo blog) e mediante o screencast fomos explicando o percorrido polo festival.

Canción con Audacity










Esta canción está feita mediante o programa Audacity e o que fixen foi mezclar tres cancións diferentes e tivo ese resultado.

lunes, 7 de abril de 2014

Ebook ou libro de papel?

É certo que moitas veces nos custa cambiar a novas tecnoloxías, como o caso dos ebook. Está claro que para os que adoitamos ler, o papel nos parece irremplazabel, pero é cuestión de darlle unha oportunidade aos ebook e ver se co tempo, logra gañar o noso corazón como o fixo o seu antecesor.

Vexamos algúns pro e contra desta modalidade de lectura en relación á forma tradicional:


  1. Os ebook non ocupan espazo. Para os que gozan dunha extensa biblioteca, as mudanzas son atroces. Aínda que se almacenas os ebbok nun DVD, CD ou pen drive, podes perder todos os eles se rompe algún dos sistemas mencionados.
  2.  É moito máis doado encontrar o libro que un busca, sobre todo os que son moi antigos.
  3.  En xeral son máis económicos.
  4.  Hai unha gran variedade de temas. Anteriormente era máis custoso en tempo e en diñeiro escribir un libro e publicalo polo que non calquera ía embarcarse na aventura, pero hoxe en día, podemos encontrar títulos de toda índole. Así mesmo, tamén existen temas de todo tipo, aínda que sexan destinados para uns poucos, por exemplo podes encontrar escritos sobre alfombras de vinilo, que seguramente non se encontraría en libros de papel, por ser un tema de interese para cun perfil bastante reducido.
  5. Un aspecto negativo é que dependes do dispositivo para poder ler. Hai máis comentarios negativos respecto aos dispositivos como que cansan máis a vista ou que non podes dar a volta á folla ou facer marcacións, pero non as resalto xa que os que crean os readers buscan mellorar cada das súas funcións como as descritas. É dicir, que podemos encontrar soportes nos que podes remarcar ou dar a volta á folla e moito máis. Aínda que o que non poden evitar por agora, é o uso dunha batería, polo que se quedamos sen ela, non poderemos ler.
  6.  Para os amantes da lectura na praia, é máis cómodo o libro de papel xa que se lle entra ao reader area, pode estragarse.
  7.  Creo que simplemente é cuestión de ir alternando, en caso de non encontrar un libro de papel, buscalo electrónico ou ben, escritos que non paga a pena comprar.

Na miña opinión, non penso que o ebook desprace totalmente ao libro de papel, xa que o seu olor, a súa textura de toda a vida, son calidades únicas.