viernes, 20 de junio de 2014

A pirataría

Nesta nova entrada falarei de dous artigos publicados en Internet que tratan o tema da pirataría, dos seus proles e as súas contras e do xeito de satisfacer aos autores e aos que non tes os recursos necesarios para pagar tanto por un libro, CD ou DVD (aquí déixovos os enlaces):
No primeiro dos artigos Gómez Jurado fálanos, dende o seu punto de vista de autor de libros, dos beneficios (para a poboación) e perdidas (para os autores) que supoñen as descargas ilegais. Este autor fala dende un primeiro momento da Lei Sinde, esta lei afecta á propiedade intelectual xa que castiga a toda aquela persoa que mediante Internet ou outro calquera medio altere o beneficio que tería que adquirir un autor pola súa obra, noutras palabras castiga a todas as persoas que poñan a disposición pública archivos para descargar sen permiso do propio autor.

Gómez Jurado oponse a que o goberno mediante a imposición de novas leis, poida recortar as fontes de coñecemento da poboación e, aínda que non é totalmente partidario da pirataría porque é un autor e vive do que vende, anima a xente a que se para poder gozar dos libros, películas ou música ten que cometer un delito (se tomamos como medida correctora a Lei Sinde) o faga, porque ninguén debería poder obrigarnos a gastar máis diñeiro do que temos en cousas que noutros sitios (Internet) están moito máis baratas ou mesmo son gratis.

No segundo artigo séguese un pouco a liña do primeiro xa que o autor tamén empeza falando das restricións que nos podemos encontrar hoxe en día á hora de descargar un libro, unha canción ou unha película. O autor deste artigo cre que pode existir unha sociedade onde as descargar sexan factibles tanto para os autores das obras coma para os consumidores que llas descargan. Expón que poden existir, e en realidade xa existen, novas formas de mercado onde, como xa dixen, exista un equilibrio entre autores e consumidores. Exemplifica isto con aplicacións como iTunes, eBay,KindleNetflix ("que gaña máis aboamentos que toda a televisión por cable en EUA" por un módico prezo) e outras moitas que ofrecen á xente a posibilidade de comprar, escoitar música, ver películas, etc sen incorrer en ningún tipo de delito. É con estas aplicacións cando se establece unha nova forma de mercado.

Por ultimo o autor defende a idea de crear novas licencias máis flexibles, e tamén a de deixar de cobrar polas copias e de crear ingresos máis alá das ventas é dicir, que os autores tamén pensen nos demais e que sexan xustos á hora de deixar extender as súas obras mediante descargas dende Internet. 


Para rematar a miña opinión:

      Eu penso que en realidade cando descargamos, por exemplo unha canción, non lle estamos a facer dano ningún ó seu autor xa que se a nós nos gusta ensinarémosllela a un amigo, e este a outro e así sucesivamente ata facer que esa canción estea moi estendida, o que provoca que o autor sexa máis coñecido. Toda esta cadea seguramente ao final xere moitos ingresos ao autor. Por isto penso que non se debería prohibir a descarga libre e gratuíta de arquivos dende Internet.

Liña temporal do Balonmán Cangas

martes, 10 de junio de 2014

Screencast do Fringe Festival de Edinburgo

Este é o proxecto que realizamos dous compañeiros e máis eu mediante o programa online Screener. Consiste en grabar a pantalla mediante este programa mentres podes falar explicando o que estás a ver. Mediante isto é fácil dar un explicación de algún traballo que realicemos no noso ordenador.     

No noso caso o que fixemos foi facer un screencast do mapa sobre o Fringe Festival de Edinburgo (publicado anteriormente neste mesmo blog) e mediante o screencast fomos explicando o percorrido polo festival.

Canción con Audacity










Esta canción está feita mediante o programa Audacity e o que fixen foi mezclar tres cancións diferentes e tivo ese resultado.

lunes, 7 de abril de 2014

Ebook ou libro de papel?

É certo que moitas veces nos custa cambiar a novas tecnoloxías, como o caso dos ebook. Está claro que para os que adoitamos ler, o papel nos parece irremplazabel, pero é cuestión de darlle unha oportunidade aos ebook e ver se co tempo, logra gañar o noso corazón como o fixo o seu antecesor.

Vexamos algúns pro e contra desta modalidade de lectura en relación á forma tradicional:


  1. Os ebook non ocupan espazo. Para os que gozan dunha extensa biblioteca, as mudanzas son atroces. Aínda que se almacenas os ebbok nun DVD, CD ou pen drive, podes perder todos os eles se rompe algún dos sistemas mencionados.
  2.  É moito máis doado encontrar o libro que un busca, sobre todo os que son moi antigos.
  3.  En xeral son máis económicos.
  4.  Hai unha gran variedade de temas. Anteriormente era máis custoso en tempo e en diñeiro escribir un libro e publicalo polo que non calquera ía embarcarse na aventura, pero hoxe en día, podemos encontrar títulos de toda índole. Así mesmo, tamén existen temas de todo tipo, aínda que sexan destinados para uns poucos, por exemplo podes encontrar escritos sobre alfombras de vinilo, que seguramente non se encontraría en libros de papel, por ser un tema de interese para cun perfil bastante reducido.
  5. Un aspecto negativo é que dependes do dispositivo para poder ler. Hai máis comentarios negativos respecto aos dispositivos como que cansan máis a vista ou que non podes dar a volta á folla ou facer marcacións, pero non as resalto xa que os que crean os readers buscan mellorar cada das súas funcións como as descritas. É dicir, que podemos encontrar soportes nos que podes remarcar ou dar a volta á folla e moito máis. Aínda que o que non poden evitar por agora, é o uso dunha batería, polo que se quedamos sen ela, non poderemos ler.
  6.  Para os amantes da lectura na praia, é máis cómodo o libro de papel xa que se lle entra ao reader area, pode estragarse.
  7.  Creo que simplemente é cuestión de ir alternando, en caso de non encontrar un libro de papel, buscalo electrónico ou ben, escritos que non paga a pena comprar.

Na miña opinión, non penso que o ebook desprace totalmente ao libro de papel, xa que o seu olor, a súa textura de toda a vida, son calidades únicas.

sábado, 29 de marzo de 2014

Estanos Internet a volver imbéciles?

Nesta nova entrada falarei sobre dous artigos publicados en dous xornais ("Público", 1º artigo e "El País", 2º artigo).

Primeiro artigo

Nesta publicación fálase do pensamento que tiña Nicholas Carrescritor estadounidense que publicou libros e artigos sobre tecnoloxía, negocios e cultura. Pero ao que lle imos poñer máis atención neste escritor é ás súas obras sobre a tecnoloxía e fundamentalmente na obra " Superficiales¿Qué está haciendo Internet con nuestras mentes?".


Carr sostén na súa obra que a rede, esa, que consideramos que "son todo vantaxes" está a provocar en nós unha debilitación das habilidades cognitivas, é dicir dos sentidos utilizados á hora de recibir e comprender a información recibida. O autor compara os seus pensamentos actuais cos xa expostos no seu artigo, en ambos os dous expón que a causa das novas tecnoloxías non é capaz de concentrarse como o facía anteriormente, é dicir, que para o Internet se nos está a volver "parvos" como consecuencia da pouca atención que lle prestamos ás cousas que poden ser moi importantes a posterior.

Sobre este artigo penso que a idea de Carr está bastante acertada ao que hoxe en día se pode ver na rúa, antes ao non existir tanta tecnoloxía como agora se lle dedicaba máis tempo a outras cousas e agora todo o mundo pola rúa vai centrado no seu teléfono xa sexa para responder a unha mensaxe, mirar Twitter... unha infinidade de cousas que cada vez nos afasta máis das relacións sociais cara a cara e pasan a ser "virtuais".


Esta publicación trata sobre a corrección ao escribir a nivel xeral pero sobre todo, fai fincapé no xeito que teñen as persoas de escribir na Rede e é que hoxe en día a forma que temos de escribir en Internet pode converterse nun modo de presentación persoal, pode darnos un perfil da persoa coa que imos falar.

En primeiro lugar cítase un estudo realizado por Charles Ducombe, este empresario descubriu que a consecuencia dunha mala ortografía as vendas dunha determinada empresa podían descender de xeito arrepiante e é por iso que agora, as empresas se fixen máis nun aspecto que debería estar máis que traballado como é a corrección ao escribir. 

Hoxe en día déixase influenciar rapidamente polo seu ámbito como por exemplo pasa coa rede social Facebook na que determinando que amizades teñamos agregadas imos escribir, case con toda certeza, dun xeito ou outra, é dicir, eu non vou escribir coa mesma linguaxe se teño agregado ao meu xefe ou familia, que se unicamente teño agregados a amig@s cos que posiblemente teña máis confianza á hora de abreviar palabras ou usar linguaxe que para outros ámbitos podería ser obsceno. Outra fonte de influencia é a rede social Twitter na que debido ás súas limitación de unicamente 140 carácteres a xente tende a reducir palabras, pero non só ten por que ser malo tamén é beneficioso á hora de aprender novas expresións, xa que cando tes un espazo limitado para escribir che ves obrigado a buscar outras expresións menos longas para así poder expresar todo o que desexas.

A cuestión adecuada para facerse a un propio é, como pode haber xente que escriba tan mal?. Ben é certo que a todos algunha vez se nos puido e poderá escapar algunha falta, ás veces menos graves e outras escandalosa (mesmo eu neste artigo puiden cometer faltas de ortografía), pero hai cousas que un se encontra pola Rede que son verdadeiras falta de razoamento. Aquí é onde a xente se pregunta que fallou para que unha persoa escriba así, unha mala educación? Ou unicamente o desexo da persoa de expresarse así?

Na miña opinión, penso que é fundamental ter unha boa base de ortografía e saber expresarse con corrección, hoxe en día en calquera traballo te poden pedir que redactes un informe e tes que expresarte con claridade e que ese informe teña coherencia e para iso fai falta saber as regras ortográficas (é certo que agora os correctores dos ordenadores axudan moito) e ter un mínimo de coñecemento do léxico que non utilizamos habitualmente, como por exemplo cando falamos por Whatsapp cun amigo de toda a vida.


domingo, 23 de marzo de 2014

A memética

Poderiamos definir a memética como o estudo formal dos memes. A memética é unha protociencia incluída no campo da socioloxía, un achegamento á proposta dos modelos de evolución de transferencia de información cultural baseado no concepto de meme.


Para comprender o significado de memética é necesario comprender o significado do termo memé, defínese como a unidade teórica de información cultural transmisible dun individuo a outro, ou dunha mente a outra, ou dunha xeración á seguinte. É un neoloxismo acuñado por Richard Dawkins na súa obra "O xene egoísta", utilizado para sinalar a similitude con memoria e mimesis.

Segundo Dawkins, posuímos dous tipos de procesadores informativos distintos:

1. O xenoma ou sistema xenético situados nos cromosomas de cada individuo e determinante do xenotipo.

2. O cerebro e o sistema nervioso permiten procesar a información cultural recibida por ensino, imitación (mímesis) ou asimilación.


A tese máis importante de Dawkins é que os trazos culturais (memes) tamén se replican. Por analoxía coa agrupación xenética nos cromosomas, considérase que os memes tamén se agrupan en dimensións culturais, incrementables con novas adquisicións culturais. A gran diferenza é que, mentres os cromosomas son unidades naturais independentes das nosas accións, as dimensións culturais son as nosas construcións. Así, a cultura non é tanto un conxunto de formas conductuais, senón máis ben información que as especifica.


Comentario sobre as ideas da Dr. Susan Blackmore     


A Dr. Susan Blackmore no seu artigo sobre a memética trata de responder ás preguntas De que debemos espertar? E como? 

A idea da vida normal esperta, isto non ten sentido para quen mira ao seu arredor e está convencido de que hai un mundo real, aínda así hai numerosas claves que indican que esta visión ordinario é falsa:



  • Claves que proveñen de experiencias místicas espontáneas.
  • Claves que proveñen da práctica espiritual.
  • Por último, claves que chegan dende a ciencia.
A perigosa idea de Darwin é unha idea científica que "explica as orixes de todas as formas de vida e de todo deseño biolóxico", Susan Blackmore está a falar por suposto da idea de Darwin da evolución por selección natural. "Descarta a necesidade de Deus, dun deseñador, dun plan mestre ou dun propósito na vida." O que Blackmore se pregunta é pode ser todo tan sinxelo? Ela cre que se e o razoa explicando o proceso que se realiza ao redor desta idea.

Unha Historia Breve do Meme Meme

Neste apartado a Dr Susan Blackmore fálanos de Richard Dawkins, autor do xa mencionado anteriormente neste documento, "O xenegoista" (considerao por Blackmore como ou libro máis popular sobre a evolución). Este libro falaba sobre a teoría de que a evolución procede totalmente a favor dos replicadores egoístas, ou como di Susan Blackemore, a evolución acontece só polo ben dos xenes, os exitosos propáganse e os que non o son non o fan.

Aquí vos deixo o enlace páxina da Dr. Susan Blackmore


 

miércoles, 12 de marzo de 2014

O matemático que venceu ós nazis


 Biografia:

Alan Mathison Turing foi un matemático británico que naceu en Londres en 1912 e morreu en Wilmslow, Reino Unido, en 1954. Pasou os seus primeiros trece anos na India, onde o seu pai traballaba na Administración colonial. De regreso ao Reino Unido, estudou no King's College e, tras a súa graduación, trasladouse á Universidade estadounidense de Princeton.

Segundo parece, o temperán interese pola ciencia que demostrou non tiña ningunha raíz na súa familia, senón que se tratou dun caso de xeración espontánea. Sorprende que con só 16 anos, estando aínda na escola, Turing xa había leido os traballos de Einstein.

 Alan Turing apareceu morto, como xa dixen antes, o 7 de xuño de 1954 na súa casa de Wimslow sobre a súa cama con media mazá impregnada de cianuro ao seu lado. A causa oficial da súa morte foi o suicidio, e aínda que todo apunta que esta é a explicación máis probable, non faltaron as especulacións nin as teorías conspiratorias ao respecto.



Alan Turing



A máquina de Turing

En 1936, antes de doutorarse, creou un modelo computacional hoxe coñecido como "máquina de Turing", que era a base do que hoxe coñecemos como unha computadora

Coñecemos a máquina de Turing como un dispositivo que manipula símbolos sobre unha tira de fita de acordo a unha táboa de regras. A pesar da súa simplicidade, unha máquina de Turing pode ser adaptada para simular a lóxica de calquera algoritmo de computador e é particularmente útil na explicación das funcións dun CPU dentro dun computador, todo isto en terminos científicos pero a máquina de Turing serviu verdadeiramente para que os británicos descodificasen as mensaxes cifradas da Alemaña nazi durante a guerra entre ambos os dous bandos.

Durante a Segunda Guerra Mundial foi un dos principais artífices dos traballos do Bletchley Park (instalación militar localizada en Buckinghamshire, Inglaterra) para descifrar os códigos secretos nazis. As súas perspicaces observacións matemáticas contribuíron a romper os códigos da máquina Enigma. Para romper os códigos da máquina Enigma e permitir aos aliados anticipar os ataques e movementos militares nazis, Turing deseñou a bombe, unha máquina electromecánica que se utilizaba para eliminar unha gran cantidade de claves enigma candidatas. Os códigos que esta tiña que descibrar son os chamados códigos Fish.

Turing demostrou que a devandita máquina era capaz de implementar calquera problema matemático que puidese representarse mediante un algoritmo. As máquinas de Turing seguen sendo o obxecto central de estudo na teoría da computación.

Máquina de Turing




O test de Turing

 
O test de Turing (1950) é unha proba proposta para demostrar a intelixencia dun sistema artificial. Do que se trata é de facer unha pregunta ou unha proba para determinar se o usuario que intenta conectarse é un humano ou unha máquina (reto de pregunta-resposta). 

El Test de Turing fue una de las maravillas de ingenio que ideó Alan Turingpara determinar cuándo “algo” es inteligente o no. Este test se enmarcaba en las teorizaciones sobre inteligencia artificial de Turing.  Básicamente,Turing estableció que si “algo” se comportaba como si fuera inteligente, entonces era inteligente.
 De feito, Turing aseveraba que "existirá Intelixencia Artificial cando non sexamos capaces de distinguir entre un ser humano e un programa de computadora nunha conversación ás cegas".

É imposible non comparar este test cos actuais Captchas xa que, estas probas e o test de Turing buscan o mesmo que un ordenador non se faga pasar por un humano.Estas "probas" consisten en ensinar unha imaxe que contén letras ou números distorsionados que para unha máquina sería imposible escribir (como piden as páxinas cos captcha) mentres que un humano se o podería facer salvo un erro de visión.

Exemplo de captcha

O seu final

A pesar do legado que nos deixou Alan Turing, a súa carreira rematou subitamente sen o recoñecemento merecido cando foi procesado pola súa homosexualidade en 1952. Non se defendeu dos cargos e aplicóuselle a castración química, sufrindo importantes consecuencias físicas. Dous anos despois do xuízo, Turing faleceu tras a inxestión dunha mazá con cianuro.

 Máquina de Turing (que sería dominada como o primeiro computador)










Doodle que Google deddicou a Alan Turing no ana do seu centenario (2012)