Primeiro artigo
Nesta publicación fálase do pensamento que tiña Nicholas Carr, escritor estadounidense que publicou libros e artigos sobre tecnoloxía, negocios e cultura. Pero ao que lle imos poñer máis atención neste escritor é ás súas obras sobre a tecnoloxía e fundamentalmente na obra " Superficiales. ¿Qué está haciendo Internet con nuestras mentes?".
Carr sostén na súa obra que a rede, esa, que consideramos que "son todo vantaxes" está a provocar en nós unha debilitación das habilidades cognitivas, é dicir dos sentidos utilizados á hora de recibir e comprender a información recibida. O autor compara os seus pensamentos actuais cos xa expostos no seu artigo, en ambos os dous expón que a causa das novas tecnoloxías non é capaz de concentrarse como o facía anteriormente, é dicir, que para o Internet se nos está a volver "parvos" como consecuencia da pouca atención que lle prestamos ás cousas que poden ser moi importantes a posterior.
Sobre este artigo penso que a idea de Carr está bastante acertada ao que hoxe en día se pode ver na rúa, antes ao non existir tanta tecnoloxía como agora se lle dedicaba máis tempo a outras cousas e agora todo o mundo pola rúa vai centrado no seu teléfono xa sexa para responder a unha mensaxe, mirar Twitter... unha infinidade de cousas que cada vez nos afasta máis das relacións sociais cara a cara e pasan a ser "virtuais".
Esta publicación trata sobre a corrección ao escribir a nivel xeral pero sobre todo, fai fincapé no xeito que teñen as persoas de escribir na Rede e é que hoxe en día a forma que temos de escribir en Internet pode converterse nun modo de presentación persoal, pode darnos un perfil da persoa coa que imos falar.
En primeiro lugar cítase un estudo realizado por Charles Ducombe, este empresario descubriu que a consecuencia dunha mala ortografía as vendas dunha determinada empresa podían descender de xeito arrepiante e é por iso que agora, as empresas se fixen máis nun aspecto que debería estar máis que traballado como é a corrección ao escribir.
Hoxe en día déixase influenciar rapidamente polo seu ámbito como por exemplo pasa coa rede social Facebook na que determinando que amizades teñamos agregadas imos escribir, case con toda certeza, dun xeito ou outra, é dicir, eu non vou escribir coa mesma linguaxe se teño agregado ao meu xefe ou familia, que se unicamente teño agregados a amig@s cos que posiblemente teña máis confianza á hora de abreviar palabras ou usar linguaxe que para outros ámbitos podería ser obsceno. Outra fonte de influencia é a rede social Twitter na que debido ás súas limitación de unicamente 140 carácteres a xente tende a reducir palabras, pero non só ten por que ser malo tamén é beneficioso á hora de aprender novas expresións, xa que cando tes un espazo limitado para escribir che ves obrigado a buscar outras expresións menos longas para así poder expresar todo o que desexas.
A cuestión adecuada para facerse a un propio é, como pode haber xente que escriba tan mal?. Ben é certo que a todos algunha vez se nos puido e poderá escapar algunha falta, ás veces menos graves e outras escandalosa (mesmo eu neste artigo puiden cometer faltas de ortografía), pero hai cousas que un se encontra pola Rede que son verdadeiras falta de razoamento. Aquí é onde a xente se pregunta que fallou para que unha persoa escriba así, unha mala educación? Ou unicamente o desexo da persoa de expresarse así?
Na miña opinión, penso que é fundamental ter unha boa base de ortografía e saber expresarse con corrección, hoxe en día en calquera traballo te poden pedir que redactes un informe e tes que expresarte con claridade e que ese informe teña coherencia e para iso fai falta saber as regras ortográficas (é certo que agora os correctores dos ordenadores axudan moito) e ter un mínimo de coñecemento do léxico que non utilizamos habitualmente, como por exemplo cando falamos por Whatsapp cun amigo de toda a vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario